Baixar da furgoneta
No cabo de Ortegal
Lembrando aquel vello poema
Xusto antes de tocar
Ou no Bierzo galego
Coa xente do lugar
Ceando xuntos nas pallozas
Na noite de San Xoán
Verbas de mariñeiro
Na praia de Massó
Mentres o sol quenta con raiba
Os guindastres de Teis
Revolta no Berbés
Mantendo Vigo en pé
Cidade proletaria
Historias dunha terra
De cuncas e de mar
Que xuntos coñecemos
Nas voltas que a música nos dá
Camiñar e facer camiño
Escoitar, aprender e compartir
As dornas de Combarro
Loitando contra o mar
Ou as gamelas de Ares
Que nunca naufragarán
Tratorada en Chantada
Cun frío que nin dios
Resistencia en Montealto
E unha nova okupación
Mencer en Carballiño
Coma sempre sen un can
Ir vendo crecer a Iñaki
A golpes de Rock&Roll
A mocidade activa
Do noso Val Miñor
Berra para facerse oír
Historias dunha terra
De cuncas e de mar
Que xuntos coñecemos
Nas voltas que a música nos dá
Camiñar e facer camiño
Escoitar, aprender e compartir
Facendo camiño ao andar na volta
Que a música nos dá na cabeza
Amizade, xente ceibe
Coma o vento ou as ondas do mar
Un vento rebelde que vén de lonxe
Agora en nós nomeámo-lo furacán
E agora que sone
A música da colectividade
Coas súas historias de cuncas
Terra, dignidade e mar
Salvaterra do Miño, Riotorto
Pardiñas, Cangas, Ordes
Poulo, Manselle, Montealto
Monteferro, O Courel!
A nosa música é do pobo
E é para o pobo!
Historias dunha terra
De cuncas e de mar
Que xuntos coñecemos
Nas voltas que a música nos dá
Camiñar e facer camiño
Escoitar, aprender e compartir
Historias dunha terra
De cuncas e de mar
Que xuntos coñecemos
Nas voltas que a música nos dá
Camiñar e facer camiño
Escoitar, aprender e compartir