Letra de
Land Rover

Fai 20 anos meu abuelo mercou un coche asemellado a un tractor
Un todoterreno de color marrón
que ten a forza dunha ducia de bois
é o meu JA! Land Rover
é o meu JA! Land Rover
E despois cando eu me fixen maior meu a abuelo o coche me reghalou
aquí telas chaves vaite con coidado
cámbialle o aceite e bótalle ghasoil.
é o meu JA! Land Rover
é o meu JA! Land Rover
20 anos despois quen podía imaxinar ó que aquel coche se ía a dedicar
aghora en vez de aparellos pra labrar
un ghrupo de rock ten que transportar.
é o meu JA! Land Rover
é o meu JA! Land Rover
Música a tope no radiocasete, montes de toxo, natura e desafase
o rock and roll é unha cultura salvaxe
os ruxe-ruxe vanse de viaxe
é o meu JA! Land Rover
é o meu JA! Land Rover
NOTA: Trátase dunha progresión típica de blues. Xenial
para tocar en quintas. Durante toda a canción se repite