Campanas de Bastaba_les
cando vos oio tocar
Cando vos oio tocar
campaniñas, campaniñas.
Cando vos oio tocar
campaniñas, campaniñas
sin querer torno a chorar
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.
Só media me deixaron
os que de aló me trouxero,
Só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai! uns toliños amo.
Que os amores xa fuxiron,
as soiodades viñeron
Que os amores xa fuxiron,
as soiodades viñeron
De pena me consumiron.
Campanas de Bastaba_les
cando vos oio tocar