Letra de
Sementeira

Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en canto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar. (Bis)
Un meniño rebuldeiro
que fale na lingua nai
que suba ós pexegueiros
a froita verde a roubar.
Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en canto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar. (Bis)
Un vello que de consellos
un rostro de fume e pan
que conte contos ós nenos
do cuco e do paspallás.
Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en canto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar. (Bis)
Un cantar de redención
un vello e novo cantar
que troque a desolación
nun limpo e claro alborear.
Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en canto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar. (Bis)
Logo, déixame morrer,
entre dous regos, queimados,
cando veñan os solpores
dos homes esfamiados.
(Agora tan só percusión e voz)
Sementar sementarei,
loguiño de clarear,
en canto no pobo medre
un meniño, un vello e un cantar. (Bis)
(Logo entran gaitas facendo a mesma melodía e máis
tarde frautas. Esta melodía acompáñase cos acordes