Letra de
Marinheira

Nas pedras e nas bateas
nas que me criei de rapaz
vía sentada no muelle
unha vella a rezar
Enloitada en corpo e alma
rompíame o corazón
de centos de veces de vela
ela nunca me mirou
Esta vella mariñeira
é a viuva dun patrón
o mellor mariñeiro que pariu o pobo
dende que o mundo ten sol
Trinta anos fai do naufraxio
da "Ruliña" nas Azores
trinta anos da tolería
da señora Dolores
Aí onde a ves, meu irmán
segue esperando ao patrón
ninguén conseguiu que entendera
que un mal día naufragou
Ai laralará, laralarai, laralarai
Ai laralarai, laralarai
Ai laralará, laralarai, laralarai
Ai laralarai, laralarai
Fai un mes fun ao pobo
e ao mirar cara o porto
non vin alí a Dolores
dixeron que o conto está morto
O día do nadal
cun tremendo temporal
correu polo pobo tola
como nunca a viron xamais
Dixeron que ía contenta
e antes de tirarse ao mar
gritoulle aos catro ventos
Hoxe volto, meu Xonás
Hoxe volto, meu Xonás
Hoxe volto, meu Xonás
Ai laralará, laralarai, laralarai
Ai laralarai, laralarai
Ai laralará, laralarai, laralarai
Ai laralarai, laralarai
Ai laralará, laralarai, laralarai
Ai laralarai, laralarai
Ai laralará, laralarai, laralarai
Ai laralarai, laralarai
Temazo de Tonhito con Rasa Loba e coa colaboración de Santiago Auserón.