Letra de
Camiño Longo

Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día
¡camiño longo
da miña vida !
Vereda, vereda torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras
¡vereda torta,
ti onde acabas!
Vereda, vereda fonda
de fontes tristes, sen auga;
sen carballos que dean sombra,
nin chouzas que dean pousada
¡vereda fonda,
ti cando acabas!
Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas
Camiño longo,
da miña vida,
¡camiño longo
da miña vida !
¡camiño loooongo!