Banda Ataque Escampe <img src="https://static.mimenor.com/images/flags-icons/es.svg" width="20" height="15" alt="es" title="es" onerror="this.src='https://static.mimenor.com/images/icons/empty.svg'">

Banda
Ataque Escampe es

Ataque Escampe formouse por rapaces de diferentes zonas do país contra o remate do ano 2001. Nese momento os seus seis membros, Samuel, Pablo, Álex, Dani, Miguel e Roi, comezaron a ensaiar de xeito irregular na residencia universitaria do Monte da Condesa, ademais de gravar con pésimos medios (por exemplo, cassette) temas de corte folk-rock (o laúde e o violín aparecían ao lado da guitarra eléctrica) que a nivel letrístico unen o experimentalismo ... con algúns elementos de temática bravú. A mediados do 2002 o grupo, con cinco membros, Samuel, Álex, Miguel, Roi e Estevo, principiou a dar concertos (entre os que destaca o celebrado no Coliseo Noela de Noia con motivo do 1º concerto expansivo Nunca Máis organizado por Burla negra, e no que, segundo os propios Ataque Escampe recoñecen, evidenciaron unha grande falla de rodaxe musical). O conxunto tamén gravou unha maqueta con mini-disc na que xa se vai albiscando o estilo dos primeiros dous discos: un son acústico e sucio, certo eclecticismo e unhas letras irónicas que deixan atrás a inmediatez do bravú. Transcorreron logo dous anos de traxectoria descontinua (2004 e 2005) debido á dispersión xeográfica dos compoñentes do grupo, que non deixaron porén de compoñer temas e gravar algunhas maquetas sen excesivas pretensións. A actividade regular de concertos foi retomada por AE con catro membros, Samuel, Álex, Miguel e Roi, en 2006. Ese ano supón un punto de inflexión na traxectoria da formación, xa que obtén algo de relevancia ao gañar co tema "Afganistán Canto" o I Premio de canción de autor Utopía Son, celebrado no Café Uf de Vigo. O 2007 foi un ano cargado de acontecementos para o grupo. Por unha banda, editaron o seu primeiro traballo, que nun principio, polos escasos medios e tempo cos que é realizado, non conciben para a publicación, senón coma maqueta para presentar aos locais e conseguir concertos. Trátase de Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos, un disco publicado en formato electrónico e baixo licenza Creative Commons en A Regueifa Plataforma, e no que unha parte dos temas son de estudo e a outra un directo gravado con mini-disc no Café Uf. Nese mesmo ano, ademais de seren seleccionados para a Rede Galega de Música ao Vivo e realizar a Xira Bela Lugosi 2007, participaron no disco-tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista, editado conxuntamente pola Regueifa Plataforma, Falcatruada e Lonxa Cultural e que reúne a todo o panorama de grupos novos dos últimos anos. Nese disco versionan a canción do ferrolán "Para che falar de amor", que interpretan tamén no programa homenaxe do devandito músico, "Saudade de ti", na TVG. A finais de ano prodúcíronse cambios na formación: Samuel causou baixa temporal e entrou como novo membro permanente Marco, que enriquece substancialmente o abano de posibilidades sonoras do grupo. Finalmente, Ataque Escampe acadou o 1º Premio do Gz Crea 2007 na modalidade de música, coas cancións "Tango do sintasol" e "Ana e o caracol". Ver más [+]

MENU

a

f

n