Letra de
Raiba Operaria

Espertamos coa lúa aínda no ceo
Sen máis xente que o frío na rúa
Ducha morna, café e mala hostia
Por diante dez horas no inferno
Dende hai anos repetindo o mesmo
Colle a funda e vai pra cadea
Traballar coa boca pechada
Traballando e berrando en silencio
Canto máis hai que aguantar?
Cando imos perde-lo medo?
O medo a loitar!
Instrumental (x2)
Pra os que non viven só traballan
Pra encher de cartos ao patrón
I están no fío da navalla
Pois ben sabemos que o xogo está claro
Seguir producindo, seguir aguantando
Sermos monicreques en mans duns bastardos
Mais que estean certos que a clase operaria
Non esquecerá
E nós cambiarémo-la historia
I eles terán a súa ración
Agora baixo a nosa bota
Veremos que ben o pasan choiando
Coa testa agachada e suando o bandullo
Sentíndose nada, tragándose o orgullo
Xeonllos na terra, ollando a derrota
E pedindo perdón
Sufrindo, loitando, sabendo
Que algún día imos ser nós quen venceremos
Seguimos téntandoo
Tarde ou cedo, todo vai cambiar!
Solo guitarra
Sufrindo, loitando, sabendo
Que algún día imos ser nós quen venceremos
Seguimos téntandoo
Tarde ou cedo, todo vai cambiar!